Ledoño e a contorna do Val de Veiga terán un gran espazo cuberto para propiciar o desenvolvemento das actividades veciñais con independencia das condicións meteorolóxicas.
O Concello de Culleredo adxudicou a obra para cubrir a pista deportiva situada en Ledoño, no complexo formado polo parque infantil, a escola unitaria e a área recreativa, que contará cun orzamento basee de 412.118,57 euros.
O Salón de Plenos do Concello de Culleredo albergou esta mañá a presentación de Copa Galicia de Ciclocrós, que se celebrará o último día do ano, o sábado 31 de decembro, no recinto de Acea de Ama.
Este ano contaremos con todo tipo de actividades destinadas aos maiores e á rapazada. Haberá dende actividades culturais ata deportivas.
O Concello de Culleredo anima a realizar as compras do Nadal no comercio local cunha nova campaña. Nesta edición seguirá o tradicional sistema do rasca e gaña, con premios instantáneos.
O Concello de Culleredo celebrou esta mañá o seu tradicional Pleno infantil, unha sesión na que centrou a atención a guerra de Ucraína e a conmemoración de datas como o Día da Infancia ou o 25N.
O Concello de Culleredo, mediante a área de Dinamización Local, convoca o III Concurso de Escaparatismo de Nadal no que haberá premios non só para as mellores composicións, senón tamén para os veciños e veciñas que participen na votación.
O Concello de Culleredo, no marco de creación, renovación e mellora das infraestruturas municipais, propón realizar unha serie de actuacións dirixidas á renovación das rúas e pavimentos.
O Concello de Culleredo celebrará este xoves, 24 de novembro, un Pleno ordinario ás 13:30 horas coa seguinte orde do día:
O Concello de Culleredo deu a coñecer esta mañá a programación que conmemorará o 25N, Día Internacional contra a Eliminación das Violencias contra as Mulleres, e coa que rubrica o seu firme acordo para contribuír á total eliminación desta lacra.
O Concello de Culleredo instalou esta mañá sinalización advertindo ás usuarias e usuarios da nova situación de circulación que terá lugar a partir da próxima semana.
O memorial de José Ramallo, ‘Pequecho’, un recuncho do recibidor do Concello de Culleredo, conta desde hoxe cunha nova peza. Trátase dunha Cota 123 do ano 1972 e que se suma así aos outros catro vehículos da exposición, os trofeos, varios cascos e un dos traxes que usaba o piloto cullerdense.
O Concello de Culleredo sacou hoxe a licitación a obra de renovación da Praza de Galicia, tras rematar coa tramitación administrativa pertinente e obter, finalmente, todos os permisos das administracións vencelladas o proxecto, dado que atopa en área de influencia do Camiño Inglés.
O Concello de Culleredo, a través da concellaría de Maiores, pon en marcha o programa ‘Volta activa’ para achegar á veciñanza as rutinas sinxelas para a práctica do exercicio diario, fomentando así hábitos saudables. Darán comezo o próximo 16 de novembro e estenderanse ata o 13 de xaneiro de 2023, enmarcadas no Programa Municipal de Sanidade e Calidade de Vida das Persoas Maiores.
O Concello de Culleredo conta cun novo equipo para a intervención do persoal de seguridade en caso de xeadas. Trátase dun esparcidor de sal, acoplable aos vehículos, que se incorpora así ao material de emerxencia para Protección Civil.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER