Os Reis Magos chegarán o 5 de xaneiro a Culleredo

Os Reis Magos chegarán a Culleredo o 5 de xaneiro, coa Cabalgata e con visitas a centros sociais.

O Carteiro Real visita Culleredo

 

 

 

Culleredo será escenario este sábado da Copa Galicia de Ciclocrós

O Salón de Plenos do Concello de Culleredo albergou esta mañá a presentación de Copa Galicia de Ciclocrós, que se celebrará o último día do ano, o sábado 31 de decembro, no recinto de Acea de Ama. 

Programación de Nadal do Concello de Culleredo

Este ano contaremos con todo tipo de actividades destinadas aos maiores e á rapazada. Haberá dende actividades culturais ata deportivas.

O Concello de Culleredo organiza unha campaña de “Rasca e Gaña” en 200 comercios de todo o municipio

O Concello de Culleredo anima a realizar as compras do Nadal no comercio local cunha nova campaña. Nesta edición seguirá o tradicional sistema do rasca e gaña, con premios instantáneos.

 

Campaña de Neve 2023

O Concello de Culleredo súmase á Campaña da Neve 2023 da Deputación da Coruña. Está dirixida á rapazada de entre 11 e 15 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2022, empadroados no municipio. O prazo de solicitude remata o 16 de decembro.

 

Culleredo celebra o seu XXII Pleno municipal infantil nunha sesión marcada pola guerra de Ucraína, a conmemoración do Día da Infancia ou o 25N

O Concello de Culleredo celebrou esta mañá o seu tradicional Pleno infantil, unha sesión na que centrou a atención a guerra de Ucraína e a conmemoración de datas como o Día da Infancia ou o 25N.

O venres 23 de decembro celebrarase a Festa de Nadal do Clube +65

O venres 23 de decembro o Clube +65 celebrará a súa Festa de Nadal.
 
 

O Concello de Culleredo convoca o III Concurso de Escaparatismo de Nadal

O Concello de Culleredo, mediante a área de Dinamización Local, convoca o III Concurso de Escaparatismo de Nadal no que haberá premios non só para as mellores composicións, senón tamén para os veciños e veciñas que participen na votación. 

O Concello de Culleredo licita por 258.128,57 euros a urbanización de Visitación de la Encina, Poeta Luz Pozo, Avenida de Ribados e Gumersindo Pereira Nouche

O Concello de Culleredo, no marco de creación, renovación e mellora das infraestruturas municipais, propón realizar unha serie de actuacións dirixidas á renovación das rúas e pavimentos.

Pleno ordinario do Concello de Culleredo con data 24 de novembro de 2022

O Concello de Culleredo celebrará este xoves, 24 de novembro, un Pleno ordinario ás 13:30 horas coa seguinte orde do día: 

Culleredo presenta a programación conmemorativa do 25N con actividades educativas, culturais e aa implicación do comercio e hostalaría

O Concello de Culleredo deu a coñecer esta mañá a programación que conmemorará o 25N, Día Internacional contra a Eliminación das Violencias contra as Mulleres, e coa que rubrica o seu firme acordo para contribuír á total eliminación desta lacra.

O Concello instala na Avenida Ribados sinalización ante o inminente cambio de colectores

O Concello de Culleredo instalou esta mañá sinalización advertindo ás usuarias e usuarios da nova situación de circulación que terá lugar a partir da próxima semana. 

O memorial de 'Pequecho' conta cunha nova peza de exposición

O memorial de José Ramallo, ‘Pequecho’, un recuncho do recibidor do Concello de Culleredo, conta desde hoxe cunha nova peza. Trátase dunha Cota 123 do ano 1972 e que se suma así aos outros catro vehículos da exposición, os trofeos, varios cascos e un dos traxes que usaba o piloto cullerdense.

Culleredo licita a obra de renovación da Praza de Galicia e a súa contorna

O Concello de Culleredo sacou hoxe a licitación a obra de renovación da Praza de Galicia, tras rematar coa tramitación administrativa pertinente e obter, finalmente, todos os permisos das administracións vencelladas o proxecto, dado que atopa en área de influencia do Camiño Inglés.

Culleredo pon en marcha 'Volta activa' para achegar á veciñanza as rutinas sinxelas para practicar deporte a diario

O Concello de Culleredo, a través da concellaría de Maiores, pon en marcha o programa ‘Volta activa’ para achegar á veciñanza as rutinas sinxelas para a práctica do exercicio diario, fomentando así hábitos saudables. Darán comezo o próximo 16 de novembro e estenderanse ata o 13 de xaneiro de 2023, enmarcadas no Programa Municipal de Sanidade e Calidade de Vida das Persoas Maiores.

Culleredo incorpora un esparexedor de sal para intervencións no caso de xeadas

O Concello de Culleredo conta cun novo equipo para a intervención do persoal de seguridade en caso de xeadas. Trátase dun esparcidor de sal, acoplable aos vehículos, que se incorpora así ao material de emerxencia para Protección Civil.

O Concello impulsa unha nova edición das 'Xornadas Micolóxicas' con clases teóricas, prácticas e unha degustación final

O Concello de Culleredo impulsa unha nova edición das súas ‘Xornadas Micolóxicas’, con clases teóricas e prácticas e cuxa principal novidade é o showcooking como actividade de clausura, que correrá a cargo de Julio Rodríguez Moscoso.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina