O Concello de Culleredo abre o prazo de inscrición para os obradoiros Enredadas 2.0

O Centro municipal de información á muller organiza os primeiros obradoiros Enredadas 2.0, cursos básicos de iniciación ao uso de internet.  A actividade ten como finalidade incrementar o uso das TICs no colectivo de mulleres, ao mesmo tempo que fomentar a súa visibilidade en internet grazas ao uso de ferramentas 2.0.

Culleredo celebra o Día Escolar pola Non Violencia co programa radiofónico “Ondas de paz”

O Concello celebrará o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia abrindo a emisora municipal a 98 alumnos de 4º de Educación Primaria dos colexios Isaac Díaz Pardo e de Tarrío. Converteranse en  locutores e guionistas do programa denominado “Ondas de Paz”, que se poderá escoitar de 12.30 a 13.00 horas.

Infantiles Futbol Indoor

InfantilesSegunda Jornada en Galicia de la Copa De España Infantil Grupo Leche Pascual disputado en el Polideportivo do Burgo, A Coruña. El SP. Burgo "A" jugará la segunda fase.

Curso de galego para obter o Celga 4 en Culleredo

O Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para o curso de lingua galega para a consecución do certificado Celga 4, que se impartirá de marzo a maio no Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo. Os interesados dispoñen ata o 27 de xaneiro para formalizala.

O Concello creará unha patrulla a pé da Policía Local nos núcleos urbanos

acto de toma de posesiónA plantilla da Policía Local de Culleredo incrementa os seus efectivos de 24 a 30 tras a toma da posesión de 6 novos axentes. Isto permitirá unha labor preventiva máis exhaustiva nas zonas urbanas, onde se implantará unha patrulla a pé que funcione durante todo o día.

Culleredo contará cun novo paseo peonil dun quilómetro na contorna do aeroporto

O parque e campo da festa de Culleredo, afectados polas obras de ampliación do aeroporto, serán trasladados xunta á igrexa románica. Po outra banda, o pazo e casas solariegas serán reubicadas na rúa Leonzas. Estes elementos serán unidos por un paseo peonil con árbores, xogos infantís e barbacoas, tras o acordo alcanzado entre Aena e o Concello.

O Concello loitará pola ampliación da ponte do Burgo

O goberno local de Culleredo considera "imprescindible" ampliar a ponte que une o Burgo co Temple para dar fluidez a unha estrada pola que pasan 13.000 vehículos diarios. O alcalde solicitou unha reunión coa Xunta de Galicia para abordar o futuro dunha infraestrutura que melloraría susbtancialmente a movilidade para os veciños da zona.

O Concello remata a renovación de equipamentos no paseo marítimo do Burgo

parque infantil con lucesPistas deportivas e parque infantil con iluminación, aseos reformados e pavimento arranxado son algúns dos resultados das obras que vén de acometer o Concello de Culleredo no paseo marítimo do Burgo, na zona da Cros. O alcalde, Julio Sacristán, aposta por proporcionar o mellor servizo ao usuario nun dos pulmóns verdes e de lecer da comarca.

Éxito rotundo do VII Torneo Nadal Culleredo de Minibasquet

imaxe do torneoO Club Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello, organizou a sétima edición do Torneo de Nadal, cita xa consolidada na comarca. Asistiu tamén a Asociación Deportiva Valle Inclán, de Oleiros. Participaron 120 rapaces e rapazas nunha gran festa do deporte celebrada no Burgo.

Presentación de "Da flor á mesa. Historia dunha pinga de mel"

portadaA Aula de Naturza do Burgo acolle o venres 13 de xaneiro, ás 19.30 horas, a presentación da publicación Da flor á mesa. Historia dunha pinga de mel. Relata o proceso de obtención da mel, beaseada no programa educativo desenvolvido na Casa das Abellas.

Completada a pavimentación e instalación de recollida de pluviais en Castro

nova víaO Concello de Culleredo rematou as importantes obras de mellora viaria que levou a cabo en Castro, no enlace con Pena Loureira. Agora a vía ten un novo pavimento, con sistema axeitado para a recollida de agua da choiva e con conexións correctas das vivendas coa rede de saneamento.

Culleredo reduce os orzamentos nun 12,1%, pero incrementa as partidas de Servizos Sociais

o alcalde e a primeira tenente de alcaldeOs orzamentos municipais para 2012, aprobados polo pleno da corporación, veñen marcados por un descenso dun 12,1% con respecto a 2011. Desta forma, o goberno local configura unhas contas prudentes, realistas coa situación de crise, e que garantirán os servizos básicos aos cidadáns.

A pesares de este descenso, o Concello incrementa a consignación a Servizos Sociais, considerando que se trata da área prioritaria para os veciños no contexto actual. Estas partidas supoñen o 9,24% do total do orzamento, 1,87 millóns de euros.

O servizo de aluguer de bicicletas funcionará na tempada de primavera-verán

Debido á baixa demanda rexistrada en outono, e coa finalidade de reducir gastos, o Concello limitará o servizo de aluguer de bicicletas ao período comprendido entre o 15 de abrirl e o 15 de outubro, cando se produciron un maior número de préstamos.

Cabalgata e visitas aos centros sociais dos Reis Magos en Culleredo

cartelAs Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente comezarán o seu percorrido polas rúas de Culleredo ás 17.30 horas do vindeiro 5 de xaneiro. Partindo do recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo, pasarán por Fonteculler, As Brañas, O Portádego, A Corveira, Vilaboa e Acea de Ama para acabar na praza de Europa.
Na zona rural, os Reis visitarán os centros sociais de Culleredo, Orro, Ledoño, Sueiro, Sésamo e Celas.

Recibidos 1.500 xoguetes para repartir entre as familias necesitadas

xoguetesA avalancha de solidariedade dos cullerdenses queda de relevancia coa campaña de recollida de xoguetes promovida polo Concello. Finalizado o prazo, foron máis de 1.500 os entregados para colaborar cos que máis o necesitan.

Quedan vacantes no programa "Ponte a Punto" e nas Escolas de Nais e Pais

O Concello de Culleredo anuncia que existen prazas vacantes no plan de reforzo escolar "Ponte a punto" e nas Escolas de Nais e Pais de cara ao próximo mes de xaneiro. Os interesados poden acudir ao servizo municipal de Educación, sito no Conservatorio.

Vacacións de Nadal nas actividades deportivas e culturais

As actividades deportivas e culturais, tanto as dedicadas a escolares como a adultos, tománse unhas pequenas vacacións de Nadal. Durarán desde o 24 de decembro ata o 8 de xaneiro.

O Concello de Culleredo desexa felices festas a todos os usuarios.

Doazón de sangue o venres 30 de decembro en Vilaboa

logo centroO autobús do Centro de Transfusión de Galicia emprazarase de 16.00 a 21.00 horas a carón da Caixa Galicia de Vilaboa o próximo venres 30 de decembro. O Concello anima aos veciños a colaborar na doazón ante as baixas reservas rexistradas.

Clubes deportivos e Concello promoven unha recollida de alimentos para os máis necesitados

foto comúnAs agrupacións Olímpico de Rutis, Sporting Burgo, Club Baloncesto Culleredo e Judo Club Culleredo colaboran con Cáritas na recollida de alimentos para os máis necesitados, impulsados polo Concello. O goberno local anima a participar na iniciativa.

A Festa dos Callos de Sésamo, en V Televisión

callos"A mochila do viaixeiro", programa de V Televisión, acudiu a Culleredo para descubrir a Festa dos Callos de Sésamo. Ademais, o espazo ofrece unha visión xeral do municipio, da súa historia e dos seus valores turísticos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina