A ermida de S. Cosme atópase na parroquia de S. Marín de Sésamo, nun outeiro de 133 m. de altitude, dominando o Val de Veiga, fóra do actual núcleo de poboación que está situado na ladeira do monte.
Este alto estivo ocupado por un castro, asentamento que aproveitaba o emprazamento defensivo sobre as fértiles terras do val, circunstancias que propiciaron o seu desenvolvemento. Co paso do tempo os cambios socio-políticos motivaron o abandono do castro, descendendo cara á zonas baixas, lugar máis adecuado para o desenvolvemento dos labores agrícolas e gandeiros.
O edificio foi erixido durante a segunda metade do século XII, dentro do gran auxe constructivo que xa mencionamos. Foi templo parroquial ata o século XVII, sendo denominada ata entón S. Martín do Castro de Sésamo, pero tras a construción do novo templo parroquial pasou a ser utilizado só para a celebración das festas de S. Cosme.
Nos séculos XVII e XVIII foi remodelada, variando a nave e engadíndolle unha sancristía que oculta parte dos antigos muros do testeiro, a única parte románica do edificio.
A romaría de S. Cosme celébrase o primeiro domingo de Agosto. Durante a celebración trasládanse as imaxes dos Stos. Cosme e Damián desde o templo parroquial ata a ermida, acudindo gran número de romeus dos arredores.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER