S. Salvador de Orro é a última das igrexas románicas na que nos imos a deter, desgraciadamente é a que sufriu as reformas máis agresivas e, consecuentemente, a que en menor medida conserva a súa primitiva estrutura medieval.
É un edificio de pequenas dimensións e que actualmente presenta unha contorna moi alterada, rodeada por inmobles industriais e próxima a diversas vías de comunicación como a nova autovía, a estrada e a vía do ferrocarril. De todos os xeitos, mantén parte do seu adro onde se pode contemplar un dos máis belos cruceiros do municipio.
A historia da igrexa ten a súa orixe no século XII, e aínda que non se dispoña de documentación respecto diso podemos precisar a súa cronoloxía dentro dos últimos decenio do século. A remodelación acometida variou notabelmente a súa fisionomía: perdeu a fachada orixinal, engadíronse novos corpos ao conxunto inicial e ata foi alterada a capela maior, elemento que non adoita variar substancialmente, pero que aquí foi alterado para elevar a altura dos seus muros, desaparecendo parte dos canzorros e texaroz románico.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER