A igrexa de Sueiro pertence ao grupo de igrexas construídas ao longo dos séculos XVII e XVIII, baixo postulados clasicistas que perviviron ata o século XIX. Moi similar á de Ledoño, Veiga, S. Martín de Sésamo... entre todas elas a de Sueiro é a de maiores dimensións e de traza máis coidada.
A súa construción comezou no século XVII, probablemente sobre os cimentos dun edificio máis antigo, a Capela da Santa Cruz é a parte máis antiga, data de 1661. En 1891 realízanse aínda obras na súa capela maior e fachada, data que figura nunha inscrición na clave do arco de devandita capela, e confirmado polos libros de fábrica.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER