O Concello de Culleredo intensificará os controis nas zonas de paseo do municipio

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, mantivo este mediodía unha nova reunión coa Consellerías de Sanidade e cos representantes dos Concellos da área metropolitana afectados polo peche perimetral. O número de casos activos en Culleredo é hoxe de 74, o que supón 9 máis con respecto a hai 2 días.
 
Estes días detectáronse grupos de persoas non conviventes que camiñaban por espazos como o paseo marítimo, unha das situacións que non están permitidas por Sanidade.
 
Por iso, o Concello de Culleredo intensificará os controis nas zonas de paseo do municipio, para asegurar o cumprimento das restricións decretadas pola Xunta de Galicia por mor da situación sanitaria.
 
Rioboo manifesta a súa “preocupación” por este pequeno repunte, cando se cumpren 12 días do peche perimetral da área metropolitana coruñesa, para frear a incidencia do coronavirus.
 
A Policía Local realizará controis exhaustivos para confirmar a procedencia e a situación de convivencia das persoas que empreguen zonas para paseo de Culleredo, especialmente as máis concorridas.
 
Desde o Concello de Culleredo queremos lembrar a toda a nosa veciñanza o imporante que é repectar a distancia de seguridade, o uso da máscara sanitaria e o lavado frecuente das mans.

 

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina