O Concello de Culleredo conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller coa inauguración da exposición “Nós somos elas”, promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda, como homenaxe á muller de Galicia, e para reflexionar e poñer en valor dunha maneira gráfica, a importancia do papel que a muller ocupou ao longo da historia.
Unha nova actividade emerxe con forza en Culleredo, sumando persoas interesadas de todas as idades. Máis que unha finalidade recreativa no fondo concíbese como unha iniciativa social, como explica o seu presidente, José Antonio Ferreño.
O Concello comezou os actos polo Día da Muller coa colaboración da Asociación Nacional de Presenza Xitana, dentro do programa Kamelamos y salud que desenvolve neste concello. Levouse a cabo un obradoiro dirixido a alumnas adolescentes dos institutos cullerdenses IES Rego de Trabe, e IES E. Blanco Amor, que acompañadas das orientadoras destes centros, acudiron á charla que impartiu a moza universitaria de familia xitana, Gisela Suárez Rosillo, estudante de Grao en Empresariais.
Nesta actividade, o alumnado aprenderá a facer unha ‘batukada’ a partir de materiais de refugallo. Un simple cubo de pintura usado e unhas baquetas bastan para que poñerlle ritmo a unha mañá de clase.
O Concello de Culleredo iniciou as obras de construción do centro de dinamización de maiores de Celas, nunha parroquia que contará cun novo equipamento social coa finalidade de dar resposta á demanda da veciñanza. Situarase na parcela da antiga escola unitaria, agora convertida en centro social, da que se modificou o destino de docente a asistencial, para poder levantar o edificio, dunha planta.
O Concello de Culleredo organiza un programa completo de Entroido para todas as idades, desde o venres 17 ao sábado 25 de febreiro.
A Deputación da Coruña vén de asinar o contrato para o proxecto de mellora e incremento da seguridade viaria da DP-3104 ao seu paso por Liñares, en Culleredo. Trátase dunha actuación concretada co Concello para renovar de xeito notable as prestacións da vía, que conta con numerosas vivendas en ambas as dúas marxes.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER