Lista de nenas e nenos admitidos e admitidas no Desfile de Reis 2024 do Concello de Culleredo.

Lista de nenas e nenos admitidos e admitidas no Desfile de Reis 2024 do Concello de Culleredo. Tamén os e as suplentes.

ONG Mestura celebra 20 anos de acción e compromiso pola inclusión social de persoas migrantes

ONG Mestura está de celebración co 20 aniversario da entidade, dúas décadas traballando pola inclusión social, orientando, informando e acompañando as persoas migrantes na Área Metropolitana da Coruña, a Mancomunidade de Ordes e a Comarca de Betanzos. 

O Concello de Culleredo dá a coñecer a súa programación para o Nadal 2023/2024

O Concello de Culleredo deu a coñecer esta mañá a programación ao completo para as Festas de Nadal, na que se recollen actividades para pequenos e maiores. As visitas de Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos aos centros sociais, o Desfile de Reis, teatro, contacontos, concertos de panxoliñas, deporte e solidariedade destacan no compendio de posibilidades ofrecidas pola Administración local.

Convocatoria de subvencións destinadas a asociacións e clubs deportivos no Concello de Culleredo para o ano 2023

Consulta aquí as bases da coonvocatoria de subvencións destinadas a asociacións e clubs deportivos no Concello de Culleredo para o ano 2023.

Alcer Coruña imparte un total de 7 obradoiros en Culleredo

Nos meses de outubro, novembro e decembro Alcer Coruña levou a cabo un total de 7 obradoiros no concello de Culleredo impartidos por un total de 5 profesionais, tres profesionais do Traballo Social, unha profesional de Terapia Ocupacional e unha profesional de Nutrición.

O Concello de Culleredo inaugura un novo programa de emprego baseado nas especialidades de carpintería e operacións básicas de revestimentos

O Concello de Culleredo inaugurou esta mañá un novo programa de emprego nas especialidades de carpintería e operacións básicas de revestimentos lixeiros, baixo a denominación de Culleredo Activo II. Permitiu a contratación de 25 persoas en conxunto co Concello da Coruña. 

Nova campaña de rasca e gaña para animar a comprar en Culleredo

O Concello de Culleredo organiza unha campaña para animar a realizar as compras de Nadal no tecido de establecementos locais. Seguirá o tradicional sistema do rasca e gaña, con premios instantáneos para os clientes, a partir do 5 de decembro.

Inscrición para o Desfile de Reis 2024 Concello de Culleredo

Inscríbete no Desfile de Reis 2024 do Concello de Culleredo a través do seguinte formulario web. 

Aberta a votación do mellor escaparate de Nadal de Culleredo

Abriu o período de elección do mellor escaparate de Nadal deste ano. O IV Concurso de Escaparatismo de Nadal ten xa activa a web, www.omellorescaparatedeculleredo.com, coa galería de fotos dos establecementos participantes e a posibilidade de votar á favorita dos veciños.

O Concello calibra os semáforos da obra de Vilaboa facendo especial fincapé nos tramos horarios de entrada e saída dos colexios

O Concello de Culleredo continúa traballando na obra de Vilaboa para dar resposta ás necesidades das veciñas e veciños da zona. Esta mañá procedeuse ao calibrado dos semáforos da parte baixa da vía, próximos á nova rotonda do olivo, facendo especial fincapé nos momentos de entrada e saída dos centros educativos.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina