Conservatorio

O Concello solicita a implicación da Xunta no financiamento do Conservatorio

O Concello de Culleredo pide á Xunta que asuma o financiamento do Conservatorio, xa que é a administración competente e se trata dun servizo supramunicipal. Na actualidade o Concello asume un 69,55% do custe.

Campamentos urbanos musicais

O Concello de Culleredo lanza os seus campamentos urbanos musicais. Celebraranse en xulio e agosto. A inscrición comeza o luns 23 de maio no Edificio de Servizos Múltiples.

Anuncio da dirección do Conservatorio

Por motivos de organización do centro queda suspendido ao mes de setembro, a oferta de prazas no curso de iniciación I.

Datas de matrícula do Conservatorio Municipal

O Concello de Culleredo publica as datas de matrícula no Conservatorio Municipal de Música para o curso 2015-2016.

O Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves 2015 arranca en Culleredo

Os días 13, 14 e 15 de marzo dá comezo a segunda edición do Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves 2015 que terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. O obxectivo deste festival é achegar a Galicia a algúns dos mellores intérpretes do panorama internacional actual no que ao contrabaixo se refire.

Curso de técnica e interpretación musical de saxofón

O Concello de Culleredo, desde o Conservatorio Municipal de Música, organiza un curso de técnica e interpretación musical de saxofón. As clases terán lugar do 13 ao 15 de maio no Conservatorio de Culleredo, sumando un total de 12 horas lectivas.

Gran concerto de fin de curso dos alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo

O Conservatorio Municipal de Música do Concello de Culleredo despediu o curso 2012/2013 cun concerto especial celebrado no Auditorio Gustav Mahler do centro. Nesta clausura da temporada participaron os  coros e as orquestras de Grao Elemental e Grao Profesional do Conservatorio e a Big Band, que ofreceron ao público un repertorio cos diferentes rexistros que dominan.

Conservatorio Municipal de Música: calendario e vacantes para o curso 13-14

O Concello de Culleredo publica o calendario do curso próximo do Conservatorio Municipal de Música e as vacantes nas diferentes especialidades para primeiro de grao elemental e profesional. O luns, 3 de xuño ábrese o prazo para inscribirse as probas de acceso a 1º de grao elemental.
 

O Conservatorio Municipal de Culleredo estrea a súa Big Band de Jazz

A Big Band do Conservatorio de Culleredo presentaranse ante o público no Concerto de Fin de Curso que terá lugar a partir das 19.30 horas do venres 15. A Big Band está orientada á música jazz e está composta por 17 artistas de 13 a 18 anos de idade e dirixida polo profesor Iván Doval.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina