Información pública

Acto público na xunta de goberno local do luns 20 de outubro

A Xunta de Goberno Local do 20 de outubro de  2014 ás 13.00 horas tratará en acto público o reaxuste da anualidade do contrato de axuda a domicilio.

Acto público na xunta de goberno local do luns 30 de xuño

A Xunta de Goberno Local do 30 de xuño de 2014 tratará en acto público a proposta relativa ao reaxuste de anualidade do contrato de axuda a domicilio.

Acto público na xunta de goberno local do luns 26 de maio

A Xunta de Goberno Local que terá lugar o luns 26 de maio, ás 13.00 horas, na sala de Comisións da Casa do Concello, tratará en acto público a adxudicación do uso privativo da Casa Rosa.

Sorteo das mesas electorais para as eleccións ao Parlamento Europeo

O Concello de Culleredo celebrará o luns, 28 de abril, ás 13.00 horas, o sorteo dos membros de mesas electorais para as eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o 25 de maio de 2014. O acto será público.

Exposición das listas electorais cara as eleccións europeas

Como consecuencia da convocatoria das Eleccións o Parlamento Europeo ponse en coñecemento do público en xeral que nas oficinas municipais durante o prazo do 7 ao 14 de abril, ambos os dous incluídos, están expostas ao público as listas electorais.

Listaxes de agarda nas escolas infantís

Publicación das listaxes de agarda nas escolas infantís do Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar radicadas en Culleredo.

Aprobación inicial das rectificacións do Plan xeral de ordenación urbana

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de agosto de 2013, acordou revogar parcialmente o acordo de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación urbana nos aspectos concretos indicados no informe do equipo redactor do 13 de agosto de 2013. A dita revogación deixa sen efecto os documentos que resultan substituídos polos rectificados aprobados inicialmente na devandita sesión do 29 de agosto de 2013 e que se relacionan neste anuncio.

Axudas da Xunta para contratar internet vía satélite

O Concello informa de que a Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.
 

Exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana

Abrese o prazo de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dende hoxe día 15 de febreiro, durante un prazo de dous meses. Poderá ser consultado nas oficiñas preparadas para tal fin na Casa dos Caseiros, en Villa Melania (Vilaboa) en horario de 10 a 14 e de 17 a 20, ou ben nesta páxina web, nos seguintes enlaces:

 

Prazo de renovación, reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as das escolas infantis 2011/2012

Achegamos a resolución da xerencia do Consorcio onde se anuncian os prazos de preinscripción e matrícula das escolas da Rede e o anuncio no DOG.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina