Cultura

O Teatro do Andamio ofrece dúas obras en Culleredo

Serán no Conservatorio Municipal con entrada libre e gratuita. A primeira será o martes 22 e a segunda o 29. Ambas as dúas comezarán ás 19:30 horas.

Campamento urbano de Nadal 2015

O Concello de Culleredo ofrece unha alternativa de lecer infantil durante as vacacións escolares de Nadal. O Burgo acollerá un campamento urbano do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, agás fins de semana, festivos e 24 e 31, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

Teatro en Culleredo: "O principio de Arquímedes"

O grupo cullerdense Teatro do Atlántico cumpre 30 anos e os celebra representando a obra "O principio de Arquímedes". Será o venres, 27 de novembro, ás 20:30 horas no Conservatorio Municipal.

Culleredo únese ao Reto Quimions

O Concello de Culleredo levará ao municipio o coñecido Reto Quimions. É un proxecto que consiste na elaboración de fundas con debuxos infantís para cubrir as bolsas de fármacos que precisan nenos e nenas sometidos a tratamentos de oncoloxía.

Centos de persoas celebrarán o sábado o tradicional Magosto Municipal de Culleredo

Culleredo prepárase para a súa tradicional exaltación da castaña. O Magosto Municipal, que organiza o Concello, terá lugar este sábado 7 de novembro no parque de Celas, desde as 18.00 horas, e prevese a degustación de máis de 500 quilos de castañas por un milleiro de persoas.

Culleredo prolongará o ano de Picasso cunha exposición colectiva de ARGA

O relevante ano dedicado a Pablo Picasso na Coruña terá o seu espazo tamén en Culleredo. O Concello acollerá unha exposición colectiva da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) en homenaxe ao xenial pintor.

Aviso de prazas vacantes nas actividades culturais e deportivas

O Concello de Culleredo publica a relación de prazas vacantes nas actividades municipais de Cultura e Deporte 2015-2016.

Lista definitiva de inscritos nas actividades municipais de Cultura e Deportes

O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas de inscritos nas actividades municipais de Cultura e Deporte tras o sorteo efectuado o pasado día 24.

Lista de preinscricións nas escolas culturais e deportivas do Concello

O Concello de Culleredo publica as listas de preinscritos/as nas actividades culturais e deportivas que organiza para este curso 2015-2016.

O Concello lanza a programación infantil da Biblioteca de outubro a decembro

O Concello de Culleredo publica a programación infantil da Biblioteca Municipal para o trimestre de outubro a decembro. Componse de obradoiros de contos, contacontos coa Dragona Ramona, contos en inglés e biblioxogos.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina