Promoción Económica

Vive o Nadal en Culleredo

O Concello de Culleredo e a Asociación de Comerciantes de Culleredo conformaron unha ampla campaña para a dinamización comercial do municipio. Desenvolverase ata o 5 de xaneiro nos núcleos con máis negocios do termo.

Culleredo lanza unha campaña de dinamización comercial para as festas do Nadal

O Concello de Culleredo lanza un ambicioso programa para a dinamización comercial do municipio con motivo das festas de Nadal. Obradoiros, festa, torneos de videoxogos, música e bailes serán algunhas das principais opcións nos núcleos urbanos dunha campaña que concluirá cunha festa tras a Cabalgata do 5 de xaneiro.

Culleredo acende o venres 6 a súa iluminación de Nadal con 80 elementos por todo o municipio

A iluminación de Nadal do Concello de Culleredo acenderase o venres, 6 de decembro. Ao redor de 80 elementos lumínicos darán cor ás rúas de todo o municipio, tanto na contorna urbana como no rural. A iluminación, de tecnoloxía LED, funcionará ata o próximo 6 de xaneiro en horario de 18.30 a 22.00 horas.

O Concello organiza un curso de escaparatismo para o comercio local

O Concello de Culleredo organiza este mes de novembro un curso de escaparatismo destinado aos comercios e perruquerías do municipio. O obxectivo consistirá en preparar aos comerciantes para deseñar o seu escaparate de acordo coas características da época.

O Concello organiza o venres 19 unha Noite Branca no Burgo con grandes descontos e animación na rúa

O plan de dinamización do comercio local que leva a cabo o goberno de Culleredo alcanza este venres, 19 de xullo, un dos seus principais eventos coa organización dunha Noite Branca no centro do Burgo. Os establecementos comerciais permanecerán abertos desde as 20.30 ás 24.00 horas con descontos de ata un 70% e unha ampla programación paralela na rúa con espectáculos, concertos ou actividades infantís.

O goberno de Culleredo potenciará o comercio local con melloras urbanas, campañas e eventos

O plan de dinamización comercial do goberno de Culleredo pasa pola mellora urbana dos focos de negocios e a organización de eventos que promovan as compras no municipio. A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, e o edil de Dinamización Local, Juan Carlos Lovelle, expuxeron á Mesa de Comercio as accións inmediatas que prepara o Concello.

Listaxe de admitidos/as no curso de Horta Ecolóxica

A Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego de Culleredo publica a listaxe dos participantes admitidos para a realización do curso de "Horta Ecolóxica". Terá lugar nas vindeiras semanas en Villa Melania.

O goberno de Culleredo instala paneis de localización da zona comercial do Burgo

O goberno de Culleredo potencia a dinamización comercial do municipio coa instalación de sinais informativos que propicien a súa localización. As rúas da zona urbana do Burgo contan xa con novos paneis, instalados pola Concellaría de Promoción Económica grazas ao financiamento da Deputación da Coruña, que indican a dirección a seguir para chegar aos focos de actividade comercial.

O alcalde entregou a tablet sorteada nas novas Rutas Barítimas

O plan de dinamización do sector hostaleiro que promoveu o Concello de Culleredo con motivo das festas de Nadal concluíu co entrega da tablet sorteadas ao abeiro das estreadas Rutas Barítimas. Tratouse dunha iniciativa organizada polo Concello para incentivar o “tapeo” polo municipio. Un total de 31 establecementos hostaleiros participaron neste novidoso formato.

O Concello e os comerciantes finalizan a campaña de Nadal con videoxogos na rúa, chocolatada e baloncesto

O venres 4 de xaneiro a campaña de dinamización levada a cabo polo Concello de Culleredo e a Asociación de Comerciantes de Culleredo chega ao seu remate con varias actividades. Na praza de Europa celebrarase un torneo de baloncesto 3x3 a partir das 10.00 horas. En Fonteculler, pola tarde, terán lugar torneos de videoxogos, chocolatada e sorteo da terceira cesta de Nadal.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina