O Concello de Culleredo celebrou unha mesa de contratación cun elevado número de proxectos en tramitación. En concreto, o Concello avanzou na contratación de obras por un montante total de 937.748,07 euros.
A parroquia cullerdense de Veiga contará cun novo espazo público. A familia Díaz Patiño doou de forma totalmente gratuíta un terreo labradío de 1.246 metros cadrados de extensión ao Concello de Culleredo, co obxecto de que o dedique ao uso veciñal.
O Concello de Culleredo aprobou en pleno a determinación dos festivos locais para o 2017. Nesta ocasión, manterase o patrón do municipio, San Estevo, que se celebra o 26 de decembro, e o Martes de Entroido, que cae o 28 de febreiro, como festivos locais.
O Concello de Culleredo inicia a licitación dos traballos para a rehabilitación da ponte sobre a vía de tren no Burgo, na rúa Alfonso VII. A infraestrutura foise deteriorando co paso do tempo e por iso o goberno local decidiu incluír o seu arranxo no plan de obras deste ano.
O Concello de Culleredo elixiu os patios de todos os colexios de educación infantil e primaria do municipio para executar unha dos maiores investimentos do ano. O Concello acaba de publicar a licitación, por unha contía de 208.112,82 euros, a renovación dos parques do CEIP Isaac Díaz Pardo (O Burgo), CEIP Ría do Burgo (Fonteculler), CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e CEIP Tarrío.
O Concello de Culleredo publica a licitación da obra para obter o segundo parque infantil cuberto do municipio. A iniciativa probada no parque da Corveira está a ser satisfactoria, ao permitir incrementar o uso da instalación infantil, e por iso o goberno municipal aposta agora por cubrir o de Ledoño, que ademais será modernizado.
O Concello de Culleredo informa do inmediato inicio dos traballos, por parte do Ministerio de Fomento, de renovación do firme da Nacional 550 ao seu paso polo municipio. É o paso previo á cesión da vía ao Concello, unha petición do goberno local para xestionar directamente a vía e atender con maior prontitude as demandas veciñais.
As actuacións na rede de parques infantís serán as máis repetidas e cuantiosas no que queda de ano. O Concello de Culleredo, a través dos orzamentos municipais e de distintos plans de obras cofinanciados pola Deputación da Coruña, ten previsto investir nos parques infantís un total de 633.895,42 euros.
O Concello de Culleredo acometerá este ano importantes actuacións para a mellora da rede de abastecemento de auga potable no municipio. A idea do goberno municipal é modernizar as instalacións para garantir o seu correcto funcionamento xa de maneira preventiva.
O Concello de Culleredo executa cada ano numerosas obras na rede de saneamento, co principal obxectivo de seguir completando a rede na maior parte do municipio. En 2016, o Concello acometerá de entrada cinco proxectos neste servizo básico, respondendo a peticións trasladadas polos veciños de varias parroquias.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER