800 Alumnos e alumnas dos colexios de Culleredo participan nunha Campaña de Concienciación Medio-Ambiental

A Campaña co título "Imos a plantar unha árbore" desenvolverase entre o 26 de marzo e o 2 de abril no recinto do Xardín Botánico de Acea da Ma.

Promovida pola Concellaría de educación, a actividade enmárcase nun programa máis amplo de Educación Medio-ambiental e ten como obxectivo principal sensibilizar aos nenos e nenas de Culleredo sobre a importancia das árbores no noso medio, os beneficios que nos producen e a necesidade de respetalas e coidalas como parte do medio ambiente .

Participan na mesma os centros escolares do CRA Culleredo, CEIP Tarrío, CEIP Sofía Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Ría do Burgo e A Ponte Pasaxe, cun total de 800 nenos/as.

A actividade realízase en horario de 10:00 a 12:00 h e consiste en :

10:00 Recepción de participantes no Xardín Botánico
10:15 Presentación da actividade: "¿Por que o Día da arbore?"
10:30 Actividade central. Guiñol titulado "A historia das nosas árbores" e xogo cooperativo "O coidado das nosas árbores"
11:00 Plantación de árbores por pequenos grupos.
11:30 Cun pequeno almorzo: "O almorciño Verde", os rapaces reflexionarán sobre a alimentación das árbores.
11:50 Actividade de despedida: "Xogo-danza arbórea"

Colaboran na actividade as concellarías municipais de:
- Concellería de Medio Ambiente, servicios e obras
- Concellería de Cultura, Deporte e Participación Cidadá
- Concellería de Economía, Facenda, Réxime Interior e Seguridade Cidadá,

Patrocinan a actividade:

- Panadería Gallega.
- Supermecados Froiz.
- Cocacola (Begano)

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina