Prazo de ingreso do IVTM

A Deputación Provincial fixo públicas as normas de cobranza en período voluntario dos tributos municipais para o primeiro semestre de 2008. No caso de Culleredo, o único tributo afectado é o imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O prazo de de ingreso será do 14 de marzo ao 20 de maio. O pago poderá realizarse nas entidades financeiras autorizadas a colaborar co Servizo de Recadación da Deputación, en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)

A Deputación advirte que os documentos de pago non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo ordinario ao domicilio único dos contribuíntes e que a non recepción por correo dos documentos de pago no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago. Por iso, se algún contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos que precisa (e non o ten domiciliado) deberá solicitalo nas oficinas da Deputación que se relacionan:
(Oficina Central) Rúa Archer Milton Huntington, 17. CP: 15071 - A Coruña. Horario: de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Tfno: 900132204 (chamada gratuíta). Fax: 981080090. Correo electrónico: atencion.tributaria@dicoruna.es.
(Oficina zona 1) Rúa Archer Milton Huntington, 24; CP: 15011. Horario: de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Tfno: 981080214. Fax: 981080093. Correo electrónico: zona1@dicoruna.es.

Ademáis, no departamento de tributos e rendas do Concello estaremos a súa disposición para facilitarlle a axuda que precise.

 

 

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina