A Concellaría de Educación de Culleredo clausura as Escolas de Nais e Pais e a Radioescola

O día 6 de xuño ás 17:30 h. terá lugar a clausura das escolas de nais e pais para o curso 2007/2008. A clausura terá lugar no contorno da Torre de Celas e da ruta dos muíños do Rego de Xesteira.

As participantes das escolas, xunto cos seus fillos e fillas, realizarán unha ruta polos muíños "moi especial" onde terán probas e actividades que superar a medida que van coñecendo a ruta.

Con esta actividade lúdica, dinámica e participativa preténdese seguir na liña de ofrecer recursos ás familias para o disfrute dun tempo de lecer e ocio saudable.

A clausura rematará ás 19:00 h. cunha merenda para todas e todos os participantes e a entrega de diplomas para as nais e pais a cargo da Concelleira de Educación: Carmen Varela Corbelle. Tamén haberá agasallos para os seus fillos e fillas.

Por outra banda, o día 11 de xuño, ás 12:30 tamén terá lugar a clausura das escolas de nais e pais na radio. No último programa contarase coa presenza da concelleira de Educación e tamén dun grupo de nais e pais que participaron nas escolas durante o curso 2007/2008 que farán un balance da súa experiencia.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina