Presentación do libro Miño de Francisco X. Fernández Naval

PRESENTACIÓN DO LIBRO MIÑO DE FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo mércores 22 de outubro, ás 20.00 h, na Biblioteca de Poesía "Uxío Novoneyra", no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), o acto de presentación do libro MIÑO, de Francisco Xosé Fernández Naval, e publicado por Espiral Maior.

No transcurso do acto tomarán a palabra Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura, Carlos Pereira Martínez, historiador e Francisco X. Fernández Naval, autor.

Se hai uns meses inaugurábamos as actividades da Biblioteca de Poesía "Uxío Novoneyra" coa presentación do libro "Eume", de César Antonio Molina, nesta ocasión compartiremos a velada coa presentación doutro libro que nos fala, nesta ocasión, do río pai de Galicia, o "Miño", da man de Francisco X. Fernández Naval; obra que foi galardoada co Premio de Poesía "Cidade de Ourense" no pasado ano 2007.

Que as vizosas augas deste río nos conduzan, através dos versos-meandros, ao paraíso da Poesía.

Datos biográficos
Francisco Xosé Fernández Naval naceu en Ourense en 1956. Logo de rematar o COU, ingresou aos 18 anos na Administración Pública como funcionario, desempeñando numerosos postos. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Reside na Coruña dende o ano 1982.
Ten escrito guións para series da Televisión de Galicia e para a produtora Xamalú Films.
As primeiras relacións co mundo cultural sitúanse na pertenza ao grupo de Teatro Independente "Histrión 70" e na colaboración, con Manuel Guede, na constitución dos grupos "Rúa Viva" e "Caritel". Comeza publicando poesía, en 1980.
Foi Premio Xerais de Novela en 1988 con O bosque das antas, e Premio de Poesía Cidade de Ourense en 1980 e 2007
Ten participado en libros colectivos como Caderno de viaxe, Paralelo 42, Alma de beiramar, Berra libertade (Escritores galegos por Amnistía Internacional), Homenaxe a Ánxel Casal, Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, Narradio. 56 historias no ar, Narradores de cine, Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) ou Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. Co pintor Alfonso Costa realizou a carpeta de poemas e gravados Níxer.
Libros publicados:
Poesía
A fonte abagañada (Limbo, 1980), Pabellón habitado (Sociedade Valle Inclán, 1987), Ara Solis (París, 1996, francés-galego), Días de cera (Espiral Maior, 1999), Mar de Lira (A Nosa Terra, 2005), Miño (Espiral Maior, 2008).

Narrativa
O bosque das antas (Xerais, 1988), Tempo de crepúsculo (Xerais, 1993), Sombras no labirinto (Sotelo Blanco, 1997), Historias roubadas (Everest, 1998), Lendas de onte, soños de mañá (Everest, 2001), El espíritu del bosque (Everest, 2002), Suso Espada. O misterio do Grial (Everest, 2002), Seis noites e un amencer (Biblos, 2003), No corazón da fraga (Everest, 2003), Unha cita co aire (Galaxia, 2005), Suso Espada. Estambul y el caballo de oro (Everest, 2007), Suso Espada. Istambul e o cabaliño de ouro (Everest, 2008).

Ensaio:
O mundo da pesca na literatura galega (Concello de Oleiros, 1999), Unha viaxe á procura do solpor. Do Tambre á fin da Terra (A Nosa Terra, 2000), A Coruña monumental e turística (Everest, 2002), Galicia. Rutas con sabor (2002), Muros: ronsel de pedra, espiral de mar (Deputación da Coruña, 2003), Respirar polo idioma (os galegos e Julio Cortázar) (Ediciones Linteo, 2006), Guía Histórico Patrimonial da Provincia da Coruña (con Xavier Alcalá), Guía Histórico Patrimonial da Provincia de Ourense (con Camilo Franco).

Ver maís no arquivo que se achega

Vista previaAdxuntoTamaño
fernandeznaval.pdf104.28 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina