O Centro de Dinamización de Culleredo gaña o Segundo premio de “Internet, unha oportunidade na crisis económica"

O concurso, de nivel nacional, estivo organizado pola Asociación Comunidade de Telecentros

O Centro de Dinamización de Culleredo, dependente da Concellería de Promoción Económica e da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, vén de gañar o 2º premio de "Internet: una oportunidad en la crisis económica". Este certame, organizado pola Asociación Comunidade de Telecentros, era de nivel nacional, e nel alzouse co galardón a iniciativa "O rego das xesteiras", organizada por Belén Fernández Fernández, dinamizadora tecnolóxica deste concello.

O fallo do xurado deuse a coñecer o día 30 de xuño. Os nacionalistas Raquel Jabares (1ª Teniente Alcalde) e Isidro Taibo (Concelleiro delegado de Innovación, Industria, Comercio e Turismo de Culleredo) felicitaron á dinamizadora de Culleredo polo premio conseguido e polo traballo desenvolvido na Aula, que está a facer de Culleredo un referente a nivel nacional.

Pódense consultar os traballos realizados no enlace http://www.culleredo.es/gl/node/2176 

O Centro de Rede Dinamización do concello de Culleredo participou no concurso coa iniciativa "O rego das xesteiras", que tiña como obxectivo fomentar o interese por este itinerario fluvial. Esta consistiu nunha visita guiada por esta ruta, na que os participantes aproveitaron para facer fotos e vídeos e recoller as impresións que a visita lles ía causando. A finalidade última foi a realización dun álbume de fotos virtual para dar a coñecer esta zona, de gran beleza, aos propios participantes do obradoiro, aos cidadáns do concello de Culleredo e tamén de fóra del.

A Asociación da Comunidade de Telecentros agrupa entidades e institucións que á súa vez xestionan a rede de telecentros e centros públicos de acceso a sociedade do coñecemento e conta na actualidade con 2.246 dinamizadores/as. O concurso celebrouse con motivo do día 17, día de Internet e das Telecomunicacións, e nel premiáronse ás ideas e proxectos máis novidosos, entre os que o de Belén Fernández ocupou un lugar moi destacado.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Culleredo, sito na rúa Alcalde Domingo Sierra, nº1 baixo, chamar ao teléfono 981.612.072 ou mandar un correo electrónico ao enderezo belen.culleredo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina