II Memorial Jose Ramallo “Pequecho”

O día 12 de setembro de 2009 terá lugar na praza do Médico Ladrón de Guevara de Culleredo o II Memorial José Ramallo "Pequecho". Con esta actividade, que organiza a Concellaría de Industria, Innovación, Comercio e Turismo, en colaboración co Moto Clube Culleredo, búscase honrar a memoria de José Ramallo Sánchez, coñecido por todos e todas como "Pequecho", un dos máis importantes impulsores do automobilismo en Galicia. "Pequecho", morto en accidente de circulación cando regresaba de arbitrar unha proba motociclística en Bergondo, foi un dos tres primeiros galegos en correr no circuíto do Jarama. Ademais, impulsou numerosas probas ao longo de toda a xeografía galega, e foi o organizador da Subida a Culleredo, primeira das probas de velocidade das celebradas en Galicia.

Organizaranse varias actividades para o II Memorial José Ramallo "Pequecho", sendo a programación a seguinte: ás 12:30, concentración moteira na praza do Médico Ladrón de Guevara (parroquia de Culleredo) e subida turística Culleredo-Ledoño-Culleredo, facendo unha parada ás 13:30 na exposición dedicada a "Pequecho" na Casa do Concello. Ás 15:00, de volta na praza do Médico Ladrón de Guevara, haberá un xantar e unha merenda populares, que darán paso a unha exhibición acrobática no Centro Loxístico de Transportes de Ledoño, onde Álex Ínsua e Enrique Alves farán unha mostra das súas habilidades á fronte de varios tipos de motos. Esta espectacular exhibición farase na parcela da Autoescola SanMartín, cedida gratuitamente para tal fin. Posteriormente voltarase á praza do Médico Ladrón de Guevara, para gozar dun concerto no que o grupo de ska-reggae-punk Os Skaralhados tocará os seus temas máis coñecidos e carismáticos, e que terá lugar ás 21:30 horas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina