Servizos de atención persoal e familiar

Prestan un apoio integral e personalizado a todas as persoas ou familias ante problemáticas diversas: por carencias económicas e sociais, por conflitos relacionais, por ausencias, desemprego, desarraigo, toxicomanías, etc.,

Un equipo profesional interdisciplinar formado pola traballadora social, unha educadora, unha psicóloga, e unha mediadora intervén conxuntamente cos integrantes de cada unidade de convivencia deseñando vías de resolución das problemáticas que presentan a fin de evitar riscos de desestructuración ou exclusión social.

SERVIZO DE ATENCIÓN FAMILIAR

Consiste nun conxunto de actuacións profesionais e de mobilización de recursos que tenta dar unha resposta integral ás necesidades detectadas no ámbito da unidade convivencial: conflitos relacionais, atención a menores, precariedade socioeconómica, risco de exclusión social, desarraigo, toxicomanías, entre outras.

Un equipo interdisciplinar formado por traballadoras sociais, pedagoga, psicóloga, mediadora e educadoras sociais responsbilizarase da intervención para cada caso.

 

Poboación destinataria

  • Familias empadroadas en Culleredo valoradas polo Servizo de 1ªAtención do Programa I e posteriormente diagnosticada pola traballadora social correspondente da zona. 
  • Aquelas persoas e familias que teñen necesidade de apoio para facer fronte a momentos de inestabilidade económica relacional ou emocional.
  • Persoas ou familias con sobrecargas, problemas de aillamento ou de integración na contorna.

Voltar

SERVIZO DE APOIO PSICOLÓXICO

Consiste na prestación dun servizo especializado levado a cabo por unha psicóloga que intervén a petición expresa daqueles usuarios/as, que ante unha situación de inestabilidade psicolóxica persoal, de parella ou familiar, logo de seren entrevistados pola súa traballadora social, solicitan a intervención dunha profesional para a mellor solución do seu problema.

 


Persoas destinatarias

Persoas empadroadas en Culleredo en situación de inestabilidade psicolóxica persoal, de parella ou familiar.

O apoio que se presta dende este servizo pode ser individual ou grupal:

  • Mediación Familiar
  • Mediación de parella
  • Grupos de apoio a persoas coidadoras de enfermos/as
  • Grupos de apoio a persoas con enfermidades crónicas
  • Grupos de apoio a familias con fillos/as con discapacidade
  • Grupos de apoio a familias con menores en acollemento
  • Calquera outro que se demande

Voltar 

PROGRAMA DE ALOXAMENTO E VIVENDA

Ten por obxecto posibilitar un aloxamento provisional e con carácter urxente a aquelas persoas que se atopen en situación de emerxencia persoal ou familiar e que non é posible a permanencia no propio fogar ou que este non exista.

  • VIVENDA DE TRÁNSITO PARA EMERXENCIAS

Culleredo dispón dunha vivenda municipal destinada a situacións de desaloxamentos, perda de vivenda habitual por catástrofes e outras situacións de emerxencia social.

  • OUTRAS ALTERNATIVAS DE ALOXAMENTO

Información sobre o acceso á vivenda: alugueiro de vivendas, vivendas sociais, residencias, centros de día, aloxamentos alternativo: hospedaxes, axudas económicas para rehabilitación rural e urbana, para arranxo de infravivenda...

Voltar

SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Trátase dun proxecto preventivo e de detección e intervención precoz sobre as problemáticas que poidan presentar menores e adolescentes de Culleredo, que na maioría dos casos, conecta co ámbito da intervención familiar, co fin último de:

  • Garantir o acceso aos recursos da comunidade, especialmente naqueles casos que presentan mais risco de exclusión .
  • Servir de plataforma para a integración e participación activa dos rapaces e rapazas na vida social municipal
  • Contribuír á conciliación familiar e laboral

As actividades que se desenvolven arredor deste servizo están relacionadas con:

  • Coidado persoal e educación para a saúde 
  • Fomento da autonomía e participación nas tarefas do fogar
  • Fomento da igualdade de xénero
  • Prevención en drogodependencias
  • Desfrute san do tempo libre
  • Tolerancia, non violencia e respeto á diversidade
  • Valores cidadáns e acceso aos recursos da comunidade
  • Fomento da cooperación, o voluntariado e a participación xuvenil
  • Educación medioambiental, educación para o consumo, educación vial
  • Acceso ás novas tecnoloxías

Voltar

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina