O Concello de Culleredo inicia unha campaña de recollida de tapóns

Dende a Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Culleredo, ponse en marcha unha campaña de recollida de tapóns en colaboración coa Fundación Seur, Azteco (planta de reciclaxe de Valencia) e outros concellos do Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
 
Vanse colocar dous puntos de recollida:

  • Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” sito na Rúa Antonio Machado, no Burgo.
  • Centro Municipal de Servizos Múltiples sito na Rúa Ramón Cabanillas, no Burgo.

 Ademáis tamén se contará coa colaboración de diferentes centros sociais do Concello nos que hai servizo de cafetería: Almeiras, Celas, Ledoño, Sueiro, O noso Lar en Tarrío, Castelo, Orro, Rutis-Vilaboa e Castro Laxe, co fin de achegar esta campaña ata a zona rural.
 
¿Por qué os tapóns?
 
Dende hai uns anos, estamos vendo como moitos cidadáns gardan os tapóns das botellas de auga, leite ou refrescos así coma dos produtos de limpeza entre outros... son os “tapóns solidarios” como xa se lles coñece, non forman parte de ningunha campaña publicitaria, en realidade son  varias iniciativas que pretenden recaudar fondos para axudar a nenos e nenas afectados por enfermidades “raras” que non asume a Seguridade Social.
 
E ¿qué se fai con estes tapóns?
 
Pois unha vez recollida unha tonelada de tapóns, véndese a unha empresa recicladora (neste caso Azteco en Valencia) e esta empresa paga sobre 300€ por ela, xa que os utiliza para reciclaxe e convertilos en outros produtos moi útiles e cotidiáns coma perchas da roupa ou papeleiras.
 
Dicir tamén que na Fundación Seur existe un Comité de Expertos que analiza o caso concreto de cada neno/a e lles fai entrega ás familias dos cartos que precisan para o tratamento do seu fillo/a. Para mais información pódese visitar a Web da Fundación Seur: www.fundacionseur.org
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina