O goberno de Culleredo dota de saneamiento e renova o firme en Os Condes

O goberno de Culleredo, a través da Concellaría de Medio Ambiente, Obras e Servizos que dirixe Narciso Marzoa, continúa co seu plan de actuacións para mellorar as infraestruturas básicas do municipio. Actualmente, o Concello leva a cabo obras na ligazón entre as parroquias de Sésamo e Sueiro por Os Condes.

O proxecto consiste tanto na dotación do servizo de saneamento como na renovación do firme da estrada, dúas necesidades que presentaba o núcleo e que por tanto o goberno de Culleredo apostou por aplacar.

A nova rede de sumidoiros de Os Condes confórmase dun conduto de 255 metros de lonxitude. Construíronse ademais 7 pozos de rexistro, de formigón prefabricado.

En canto á calzada, o Concello pavimentaraa e limpará as cunetas nos 275 metros de vía. Unha vez realizadas estas tarefas pintarase a debida sinalización horizontal.

O proxecto total ten un orzamento de 27.000 euros e está financiado pola Deputación da Coruña a través do seu plan de obras e servizos.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina