Asfaltada a rúa Templarios do Burgo

O Concello de Culleredo acometeu a mellora do firme nunha das rúas máis céntricas do núcleo urbano do Burgo. Trátase da rúa Templarios, situada a escasos metros da ponte romana da ría.

O plan de melloras na rede viaria confeccionado polo goberno municipal incluíu esta rúa dada a necesidade de renovar a calzada, deteriorada co paso do tempo. O Concello destinou 17.900 euros a esta actuación, que beneficiará especialmente ás decenas de veciños da contorna.

Con esta mesma intención de mellora da seguridade viaria e das condicións en determinados puntos da rede viaria municipal, o Concello de Culleredo está a levar a cabo as seguintes obras polos seguintes importes:

  • Reparación do pavimento nas rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte: 15.954,25 euros
  • Pavimentación no núcleo de Orro: 16.033,06 euros
  • Pavimentación nas parroquias de Celas, Culleredo e O Burgo: 20.613,97 euros
  • Reparación do muro, pavimento, varanda de protección e beirarrúas nas rúas Alfonso VII e Mosteiro de Carracedo: 20.642,98 euros
  • Asfaltado na rúa Xafontes (Vilaboa): 20.700 euros (xa completada)

A mellora das infraestruturas viarias constitúe unha constante de actuación para o goberno de Culleredo, que aposta por dedicar os principais esforzos investidores ás necesidades básicas dos cidadáns. Estas actuacións son deseñadas polo Concello e financiadas pola Deputación da Coruña.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina