O goberno de Culleredo centra o Plan de Obras na mellora das infraestruturas viarias en núcleos urbanos do municipio. A proposta aprobada polo pleno da corporación consta de 502.240,17 euros, dos que o equipo de goberno reserva o 85% para investimentos, deixando só o 15% restante para gasto corrente.
O goberno municipal pretende dar resposta a peticións trasladadas polos veciños para modernizar rúas e estradas do municipio. Dos 426.528,71 euros destinados a obras, máis da metade dedícanse a actuacións en vías situadas nos núcleos urbanos:
Ademais, en canto a remodelación de vías, o Concello tamén destina fondos para a conexión de Vinseira a Celas, 43.361,90 euros, e para a rúa Constitución de Tarrío, 41.757,36 euros.
Doutra banda, e tamén atendendo a demandas veciñais, o goberno municipal incrementará o mapa de infraestruturas deportivas coa construción dunha nova pista polideportiva. Situarase en Orro, para dar servizo aos residentes de Vallesur e Os Olivos.
O proxecto, de 96.055,80 euros, inclúe tamén a dotación de equipamento para a instalación.
Ademais, o Concello propón para o Plan Complementario a pavimentación da avenida do Portádego.
Todas as actuacións son financiadas pola Deputación da Coruña. O goberno de Culleredo decidiu configurar un plan baseado nas necesidades manifestadas polos veciños para promover un incremento das prestacións municipais en materias básicas como a rede viaria e as infraestruturas deportivas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER