O Concello completa a reforma da rúa Estreita de Vilaboa

O Concello de Culleredo completou a reforma da rúa Estreita de Vilaboa, situada ao final do núcleo e que dá servizo a un importante conxunto de vivendas de carácter unifamiliar. Agora, a rúa presenta un aspecto renovado e con prestacións melloradas.

Os traballos centráronse, por unha banda, na instalación dunha nova canalización das augas pluviais. As características da vía, con elevada pendente e diferentes cotas provocaban acumulacións de auga que xeraban molestias aos veciños. Coa nova rede construída a auga baixará polos condutos e non quedará no firme.

E doutra banda, o Concello reformou o pavimento da rúa. Agora é de cor amarela, o que moderniza a contorna, e presenta propiedades antiescorregadizas, de gran importancia nunha rúa en pendente.

O proxecto xa se completou e contou cun orzamento de 69.000 euros, financiados pola Deputación da Coruña.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina