Culleredo suprime diversas taxas de expedición de certificados e compulsa de documentos

O cotexo de documentación e a obtención de determinados certificados xa non levan o pago de ningunha taxa en Culleredo. Despois da súa aprobación en pleno, e tras finalizar o período de exposición pública sen recibir alegación algunha, entra en vigor a supresión dun total de 13 epígrafes da ordenanza fiscal número 6, a proposta do Concello de Culleredo.

Os residentes xa non terán que abonar ningunha contía por diversos conceptos. Destaca a supresión de pago por trámites habituais como os certificados de empadroamento ou o cotexo de documentación.

Con esta decisión, o Concello deixará de recadar este exercicio económico un montante que rolda os 4.000 euros. Como a cantidade non é significativa pero as facilidades para os veciños na realización das súas xestións coa administración si que o serán, o goberno municipal optou por esta posibilidade.

O peche da única oficina bancaria que existía na capital municipal, Tarrío, impulsou a esta medida. Determinadas xestións e procedementos administrativos requiren o pago de diversas taxas, polo que o cidadán abandonaba a Casa do Concello e efectuaba os abonos no banco situado a poucos metros, para volver ao consistorio e continuar cos trámites.

Con todo, o peche desta oficina, producido a finais do ano pasado, obrigaría aos veciños a desprazarse desde a Casa do Concello ás sucursais sitas no Burgo ou Vilaboa e regresar a Tarrío. Isto suporía unha importante traba para o usuario que o goberno local que preside Julio Sacristán decidiuse a evitar.

Por iso, o equipo de goberno apostou por suprimir estas taxas e así evitar que o cidadán teña que acudir a un banco afastado do Concello para completar o procedemento.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina