O Burgo acolle o domingo a Feira de Reciclaxe con moitos postos e actividades

A Feira de Reciclaxe regresa ao Burgo tras os bos resultados logrados na súa primeira edición, que tivo lugar o pasado mes de maio. Levarase a cabo este domingo, 31 de agosto, no recinto multiusos do paseo marítimo. O horario de apertura comprenderá entre as 10.30 e as 20.00 horas.

A feira realízase co obxectivo de promover a reciclaxe e a reutilización de obxectos. Medio centenar de postos, de particulares ou asociacións, conformarán o evento, Mobles, bicicletas, manualidades, roupa ou antigüidades serán algúns dos bens que se poderán comprar na feira logrando así unha segunda oportunidade de vida para eles.

A Feira de Reciclaxe incluirá nesta edición diversas actividades para público infantil e adulto. Na carpa central desenvolveranse as actividades para todos os públicos:

  • Taller de reciclaxe de cápsulas de café
  • Taller de manualidades con vasos de plástico
  • Taller de reciclaxe de cartón
  • Ioga da risa
  • Exposición de obxectos confeccionados reciclando papel
  • Actuación dos ilusionistas Martín Camiña e Fani Triana

Os nenos contarán co seu recuncho específico. Alí poderán atopar inchables, minigolf, un touro mecánico, e talleres de globoflexia e de pintacaras.

O Concello impulsa así un marco idóneo "para a reutilización de bens que doutra forma seguramente acabarían no lixo", explica a concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias. Ademais, sinala, o evento servirá para dinamizar o sector hostaleiro e comercial do municipio, ao ser un foco que atraerá público ao Burgo.

A feira está organizada por Ins3Rtega, iniciativa social emprendedora de reciclaxe téxtil de Galicia, en colaboración co Concello e coa Asociación Galega de Vendedores Ambulantes.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina