O Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves 2015 arranca en Culleredo

Os días 13, 14 e 15 de marzo desenvolverase a segunda edición do Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves 2015 que terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. O obxectivo deste festival é achegar a Galicia a algúns dos mellores intérpretes do panorama internacional actual no que ao contrabaixo se refire como son Szymon Marciniak (Polonia), Claus Freudenstein (Alemaña), Emilio Yepes (España-Alemaña) e Stephan Bauer (Alemaña), integrantes da banda Die Bassmonster, o único cuarteto de contrabaixos do mundo que interpreta música rock.

O programa do festival comeza o día 13 ás 20:00h coa actuación dos finalistas do I Concurso Internacional de Contrabaixo Galicia Graves 2015 orientado a estudantes de contrabaixo de todos os países que, tras unha rolda clasificatoria, serán valorados polos integrantes de Die Bass Monsters xunto ao director de orquestra Fernando Briones nunha final aberta ao público. Os estudantes -procedentes de países como Corea, República Checa, Bélxica e España- poderán optar ao premio tras interpretar unha obra de libre elección xunto a unha obra obrigada.

Na categoría Novo Talento Galicia Graves (14 anos ou menos) terán que interpretar a peza orixinal "Sahara" escrita ex profeso polo compositor inglés David Heyes e na categoría Premio de Interpretación Galicia Graves (maiores de 14 anos) os participantes darán vida á partitura do compositor galego Simón García, "Muiñeira".

O día 14 a agrupación musical Die BassMonsters ofrecerá un concerto aberto ao público ás 20:30h. no Auditorio Gustav Mahler. Tamén impartirán clases maxistrais, ademais dos membros deste cuarteto, Diego Zecharies (contrabaixo Solista da Orquestra Sinfónica de Galicia e Solista internacional), Simón García (contrabajista da Banda Municipal de Música da Coruña e compositor internacional), Juan Cañada (profesor do Conservatorio Profesional de música de Santiago de Compostela), e Florian Pertzborn, (contrabaixo Solista da Orquestra Sinfónica do Porto e profesor da ESMAE).

Como novidades con respecto ao ano pasado podemos destacar as clases de baixo eléctrico e a presentación por primeira vez en España do Minibass:

  • Claus Freudenstein, ademais de instruír aos máis pequenos, impartirá clases de baixo eléctrico xa que tamén é titulado nesta especialidade e profesor da Städtische Musikschule Mühldorf e a Highschool Mühldorf en Alemaña.
  • O Minibass é un instrumento para que comecen a estudar contrabaixo os nenos a partir dos 8 anos. Esta presentación farase da man do  seu creador, Claus Freudenstein.

O festival clausurarase o día 15 ás 19:00h cun concerto aberto ao público onde participarán alumnos, profesores e os gañadores do concurso.

Tras o exitoso arranque en febreiro do pasado ano, o Festival Galicia Graves repite fórmula achegando a Galicia aos mellores intérpretes contrabaixistas do panorama internacional actual.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina