O Concello proxecta unha nova Nacional 550 na súa estratexia europea

O goberno local de Culleredo deseñou unha estratexia de desenvolvemento urbano (DUSI), xa aprobada polo pleno da corporación, coa mirada posta na mellora do atractivo do municipio. E neste sentido a realización de accións para xerar novos espazos para o veciño é un dos principais obxectivos.

Un deses focos será a Nacional 550, ao seu paso por Vilaboa. O Concello xa acordou co Ministerio de Fomento a cesión da vía, pendente de executar, o que supón unha indubidable oportunidade de desenvolvemento, sinala a estratexia.

O alcalde de Culleredo, Julio Sancristán, avanza a idea de converter a actual estrada nacional, cuxa intensidade de tráfico reduciuse de forma sobresaliente coa apertura da Terceira Rolda, nunha avenida urbana real. "Debemos lograr que unha gran infraestrutura como esta se humanice e non sexa unha barreira para o cidadán", sinala.

Esta humanización da N550, incluída na estratexia que o Concello presentou aos fondos europeos FEDER, conterá traballos para priorizar ao peón sobre o coche e en definitiva incrementar a calidade de vida dos veciños de Vilaboa.

Algunhas das accións previstas son:

  • Ampliación de beirarrúas e supresión de barreiras arquitectónicas
  • Separación das zonas de peóns e de aparcadoiro
  • Creación de aparcadoiros disuasorios en coordinación cos puntos de transporte público
  • Dotación de zonas de mobiliario urbano como bancos
  • Colocación de elementos embellecedores, como xardineiras
  • Promoción de terrazas de hostalaría aproveitando a xeración de maior espazo de esparexemento
  • Definición dun plan de comercio local na zona

O goberno municipal é consciente que asumir a titularidade da N550 suporá un gasto importante polo mantemento que levará, pero considera que permitirá, ao non depender como ata agora do Estado, levar a cabo estas accións pensando no benestar do veciño e liquidando as carencias de accesibilidade que pode presentar a vía.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina