O Concello destina 248.000 euros para mellorar a rede de abastecemento de auga

O Concello de Culleredo acometerá este ano importantes actuacións para a mellora da rede de abastecemento de auga potable no municipio. A idea do goberno municipal é modernizar as instalacións para garantir o seu correcto funcionamento xa de maneira preventiva.
 
O goberno municipal destinará en 2016 un total de 248.416,03 euros para modernizar a rede de auga. Con este investimento o Concello logrará renovar a rede nun total de 16 rúas do municipio, enmarcadas nun total de seis proxectos.
 
Os proxectos, xa con consignación por parte do goberno municipal, acometeranse nas rúas Federico García Lorca, Rafael Alberti, O Xesto, Reveriano Soutillo, Río da Cova, Andrés Reboredo e San Manuel, cun orzamento total de 67.168,23 euros; na avenida da Coruña, por 3.330,11 euros; en Fornos, por 2.387,59 euros; no Bosque, por 18.894,89 euros; en Silvar - Goiente, por 30.963,83 euros; e nas rúas OS Pereiros, As Catas, Rafael Dieste, A Regueira e a avenida de Alvedro, por 125.671,38 euros.
 
O seis proxectos atópanse en fase de tramitación. O primeiro e o último, de maior consignación, contan coa axuda da Deputación da Coruña, sendo os restantes asumidos polo Concello.
 
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, cualifica de "fundamental" realizar un traballo preventivo para manter a rede de abastecemento nas mellores condicións e reducir as avarías aos veciños. A selección dos lugares a actuar é froito das inspeccións dos técnicos na rede.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina