O goberno local reserva 633.000 euros para modernizar 10 parques infantís este ano

As actuacións na rede de parques infantís serán as máis repetidas e cuantiosas no que queda de ano. O Concello de Culleredo, a través dos orzamentos municipais e de distintos plans de obras cofinanciados pola Deputación da Coruña, ten previsto investir nos parques infantís un total de 633.895,42 euros. 
 
As actuacións continúan o amplo plan de mellora de parques levado a cabo desde o ano pasado polo goberno local. Comprobouse a idoneidade de priorizar a renovación destes espazos pola gran utilización que teñen por parte dos veciños, que manifestaron a súa conformidade con esta liña de obras.
 
Con este investimento, o Concello pretende mellorar 10 parques infantís. O equipo de goberno seleccionou catro situados no CEIP e cinco en rúas do municipio.
 
Os traballos a executar en cada un deles varían segundo a necesidade que presenta cada instalación. Na maioría prevese a dotación de pavimento flexible, noutros a ampliación de xogos, e  un, o situado xunto á escola unitaria de Ledoño, se pretende cubrir para permitir que os alumnos dispoñan dunha instalación cuberta en caso de choiva.
 
O obxectivo do goberno municipal, apunta o alcalde, Julio Sacristán, é ter renovados todos os parques nesta lexislatura e dotar aos colexios dun patio cuberto. Neste sentido comezouse por Tarrío e continuarase co Sofía Casanova e a Ría do Burgo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina