O Concello modernizará os parques infantís de todos os colexios do municipio

O Concello de Culleredo elixiu os patios de todos os colexios de educación infantil e primaria do municipio para executar unha dos maiores investimentos do ano. O Concello acaba de publicar a licitación, por unha contía de 208.112,82 euros, a renovación dos parques do CEIP Isaac Díaz Pardo (O Burgo), CEIP Ría do Burgo (Fonteculler), CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e CEIP Tarrío.
 
No CEIP Isaac Díaz Pardo, o Concello ampliará o parque infantil, dotándoo de novos xogos, restaurando algúns dos existentes e instalando chan de caucho de tipo continuo. Na actualidade, un dos principais problemas do parque reside na entrada de area nas laxas de caucho. Por iso outro traballo será a colocación de céspede artificial en lugar da area.
 
No CEIP Ría do Burgo existen dous parques: un para infantil e outro para primaria. Os dous serán ampliados, dado que quedan escasos para os alumnos, con chan de caucho de tempo continuo como firme e coa dotación de novos xogos.
 
Outra actuación neste centro será a mellora da recollida de pluviais. Ao atoparse o patio a cota inferior con respecto ao resto de instalacións, sofre o problema da escorrentía de augas. No de infantil, ademais, crearase unha pequena bancada dado que é o lugar que usan os pequenos no recreo.
 
No CEIP Sofía Casanova tamén se retirará a zona con area, que supón ademais un problema para os sumidoiros, ampliándose o parque neste punto con xogos novos e en toda a superficie con chan de caucho continuo. Os existentes restauraranse e instalarase un novo valo de seguridade.
 
Neste colexio o Concello está agora mesmo executando as obras de instalación dunha cuberta no parque infantil. O obxectivo da actuación consiste en protexer aos pequenos das inclemencias meteorolóxicas. Así se garantirá que poidan usar os xogos con independencia da choiva.
 
A cuberta proxectada terá unha estrutura de madeira laminada e tratada, que xa se pode ver no colexio. O teito, que será a unha auga, terá material translúcido para preservar a entrada de luz ás aulas da planta baixa.  A actuación ten orzamento de 87,762.77 euros. O investimento realízase a cargo do superávit cultivado o ano pasado polo Concello. 
 
Neste CEIP, o Concello renovará así mesmo a pista polideportiva do centro, utilizada tanto para a docencia como para a práctica deportiva de clubs e veciños, ademais de actividades municipais.
 
E no CEIP de Tarrío o Concello ampliará o parque con novos xogos e con chan continuo de caucho en toda a súa superficie. Crearase así mesmo unha beirarrúa para unilo co edificio.
 
O goberno municipal apostou por ampliar os parques do catro colexios do municipio polo uso diario que teñen por parte dos alumnos e o seu carácter fundamental para o recreo. O Concello investirá 633.000 euros este ano en incrementar as prestacións da rede de parques infantís.
 
Para o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, é "prioritario" o investimento en educación. Neste caso dos colexios, as obras estarán cofinanciadas pola Deputación da Coruña.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina