O primeiro tenente de Alcalde transmítelle ao presidente da Xunta as demandas do centro de saúde do Portádego

O primeiro tenente de alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, visitou hoxe xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o centro de saúde do Portádego co obxectivo de analizar as necesidades do centro e ver as posibles solucións para a apertura do ambulatorio no mes de setembro. Rioboo asegura que o responsable autonómico coincide na imperiosa necesidade dunha zona de estacionamento pública para o ambulatorio xa que o centro está aberto a outras localidades como A Coruña.
 
O primeiro tenente de alcalde transmitiulle a preocupación do goberno local por esta  problemática e lembroulle que o seu executivo xa ten unha solución que pasa por cambiar a cualificación dun solar, anexo ao centro de saúde.  O executivo lembra que a aprobación do cambio de uso da parcela é prioritaria para facer nela un aparcadoiro
 
O alcalde en funcións e o presidente da Xunta mostraron a súa satisfacción polo novo ambulatorio e destacaron a calidade do centro, "moi por riba dos construídos na comarca", apuntou Rioboo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina