O goberno local licita a construción dun aparcadoiro no Portádego

Aínda que a construción do novo centro de saúde do  Portádego é competencia da Xunta de Galicia, o Concello de Culleredo programou un importante investimento para a construción dun aparcadoiro, que dea servizo tanto á instalación sanitaria como aos veciños da zona, que verán incrementada a carga de tráfico.
 
O espazo consistirá nun aparcadoiro en superficie, con 70 prazas de estacionamento. Delas, tres estarán reservadas para urxencias, pegadas ao centro de saúde, e dúas para persoas con mobilidade reducida. Tamén haberá espazo de aparcadoiro para motos e para bicicletas.
 
O deseño do aparcadoiro pretende a súa integración coa contorna, e a súa superficie será de céspede armado. Contará con beirarrúas para garantir a mobilidade e plantaranse árbores de folla perenne para crear zonas con sombra.
 
O parking situarase no campo de fútbol 7 que está pegado ao centro de saúde, practicamente en desuso ao non ser empregado por ningún club deportivo. O Concello creará un novo parque multideporte próximo, na contorna da lagoa de Fonteculler.
 
O investimento no aparcadoiro será de 167.789,22 euros. Proceden do superávit logrado en 2015 polo goberno local, que pode dedicar a investimentos financieramente sustentables como este.
 
O prazo para optar á licitación comezará ao día seguinte da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, que é inminente. Unha vez formalizado o contrato, o prazo de execución das obras será de tres meses.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina