O Concello inicia a construción da nova glorieta de Fonteculler

O Concello de Culleredo iniciou hoxe os traballos de construción dunha glorieta na avenida de Fonteculler, no cruce co acceso á urbanización A Ría e ao colexio Ponte Pasaxe, un dos puntos de maior circulación rodada do municipio.
 
A actuación consiste na construción dunha glorieta de 10 metros de diámetro, con dous carrís de circulación de 4 metros
 
A realización das obras require o establecemento de cambios no tráfico, como determinou a Policía Local. Polo de agora, a principal modificación afecta á entrada á urbanización A Ría. Queda inhabilitado o xiro á esquerda procedendo da Coruña; para acceder á urbanización será necesario empregar as rúas Jorge Guillén e As Brañas. 
 
O semáforo desta última rúa terá un ciclo maior para afrontar este incremento temporal da circulación. Non se poderá tampouco saír da urbanización cara ao Burgo, sendo necesario cambiar de sentido na Pasaxe.
 
A zona de obras está xa sinalizada con balizas en ambos os sentidos da marcha. Así mesmo instaláronse #bandas móbiles para reducir a velocidade dos vehículos na avenida de Fonteculler.
 
O Concello de Culleredo lamenta as molestias que esta actuación levará provisionalmente aos veciños da zona e entende que se trata dun proxecto que mellorará notablemente a seguridade na zona. Para minimizar a incidencia no colexio, aproveitaranse días da semana que vén para os traballos.
 
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo Castro, que visitou a zona das obras, destaca que coa glorieta "incrementarase a mobilidade para os residentes en todas as rúas da contorna". 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina