A UDJ Almeiras celebrará un partido na conmemoración do XXX Aniversario da súa "tempada máxica"

O sábado 1 de setembro, ás 18:00 horas terá lugar, no campo de Os Loureiros, un encontro entre a UDJ Almeiras e a UDJ Almeiras Veteranos, conmemorando aquela "tempada do doblete".

Xa pasaron trinta anos daquel magnífico curso, no que a UDJ Almeiras conquistara ambos títulos na tempada 1987-1988. Naquela ocasión, a plantilla do equipo cullerdense fora campión de Liga de 1ª Rexional e campión da Copa da Coruña, na edición de 1988. 

Unha vez rematado o encontro, terá lugar unha merenda con todos os afeccionados que acompañaron a ambos conxuntos na tarde que se disputou o encontro. Será no Centro Cultural de Almeiras, a partir das 20:00 horas da tarde. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina