Visita á reitoral de Celas

A delegada provincial da Consellería de Traballo, María Debén, e o alcalde do Concello de Culleredo, Julio Sacristán de Diego, visitaron as obras de rehabilitación da reitoral de Celas de Peiro.

A casa reitoral de Celas ocupa un espazo de 4000 m2 nun enclave estratéxico para realizar rutas de sendarismo e etnográficas e onde se abrirán nun futuro ata tres casas rurais.

O conxunto consta de dous edificios, no inicio en estado case ruinoso, que están sendo remodelados respectando a súa estrutura orixinal. A pedra e a madeira son os materiais que predominan na rehabilitación do conxunto.

No edificio principal o Concello de Culleredo abrirá varias dependencias municipais, ademais dunha sala de conferencias e reunións e outra sala de exposicións  na que se instalará un guieiro pola historia dos monumentos máis importantes que posúe a parroquia de Celas de Peiro.

O segundo dos edificios destinarase ao albergue municipal, que terá quince prazas de capacidade, a un centro de dinamización turística e a oficinas parroquiais.

O investimento das actuacións na reitoral ascende aos 1,4 millóns de euros.

Trinta e unha persoas desempregadas, todas elas alumnado da escola taller Pablo Picasso, son as encargadas de levar adiante as obras de rehabilitación que teñen previsto rematar o próximo mes de decembro.

A escola taller é un programa da área de Formación e Emprego no que a entidade promotora contrata ao alumnado e este recibe unha contraprestación económica polo seu traballo ao tempo que aprende un oficio (carpintaría, albanelaría, cantaría, xardinaría...).

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina