Culleredo tingue de negro os seus espazos con motivo da campaña "Culleredo en negro"

O Concello de Culleredo tinguiu os seus espazos de cor negra con motivo da campaña "Culleredo en negro". Uns 315 comercios e locais de hostalería sumáronse a participar na campaña contra a violencia de xénero promovida polo Concello de Culleredo.

Con esta cifra duplicouse a do ano pasado. O goberno local ampliou a campaña "Culleredo en negro", levándoa tamén a bares e restaurantes, ao sector dos transportes e promocionándoa tamén no ámbito rural.

O Concello repartiu mandís entre os locais hostaleiros e bolsas de tela entre os comercios, entre outro material como camisetas ou pegatinas. Os taxistas e a empresa de transporte metropolitano tamén teñen colaborado na edición deste ano.

Por outra banda, os estudantes dos tres IES do municipio conmemoraron a data con acto nos recreos da mañá do venres 23 de novembro. Os clubs deportivos luciron pancartas da campaña nos seus respectivos partidos ao longo de toda a fin de semana.

Por último, o sábado 24 de novembro tivo lugar a Andaina Contra a Violencia de Xénero, organizada polo Consorcio As Mariñas. Ademáis, o Concello propúxolles aos seus veciños e veciñas vestir de luto ou colocar nas ventanas dos seus domicilios panos ou prendas negras o propio 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina