Obradoiros de Nadal para os nenos e a mocidade de Culleredo

Os días 26, 27 e 28 de decembro terán lugar en Culleredo diversos obradoiros para os nenos e nenas de Culleredo, así como para a mocidade.

En Villa Melania, para nenos de 5 a 10 anos e de 18:00 a 20:00 horas, terán lugar os obradoiros de Gardacaramelos Reciclados (26 de decembro),  Broches con Pasta de Moldear (27 de decembro) e o de Galletas (28 de decembro).

No centro social Virginia Blanco, para nenos de 5 a 10 anos e de 18:00 a 20:00 horas terán lugar os obradoiros de Broches con Pasta de Moldear (26 de decembro), o de Galletas (27 de decembro) e o de Gardacaramelos Reciclados (28 de decembro).

Para a mocidade, e tamén no centro social Virginia Blanco, terán lugar diversos obradoiros para nenos e nenas de idades comprendidas entre 11 e 17 anos. De 18:00 a 20:00 horas, desenvolveranse talleres de Pop Cakes e Muffins (26 de decembro), Stam Carving (27 de decembro) e o de Pulseiras de Coiro (28 de decembro).

Para formalizar as inscricións, desde o 20 de decembro ata o 26 de decembro no Centro de Formación Pablo Picasso. Atenderanse por orde de chegada, e hai dispoñibles 20 prazas por actividade. Os modelos de solicitude atópanse adxuntos nesta nova. 

Vista previaAdxuntoTamaño
inscricion_nenos.pdf430.29 KB
inscricion_rapaces.pdf428.04 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina