O teu Nadal en Culleredo

O Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Cultura e do Servizo de Normalización Lingüística, e coa colaboración da Deputación da Coruña, vén de publicar un desplegable cheo de xogos e cómics baixo o nome 'O teu Nadal en Culleredo' dirixido aos máis pequechos da casa.

A publicación ten como obxectivo a divulgación e posta en valor da tradicional figura galega do Apalpador, o carboeiro de barba e bigote laranxas que baixa das montañas durante o Nadal e trae a nenas e nenos castañas e agasallos.

Xunto a el, aparecen no folleto outras personaxes imprescindibles destas datas como os Reis Magos, o Carteiro Real ou o Home de Xenxibre, así como tamén a Dragona Ramona e a garza Mariña, habituais xa na programación infantil da Concellaría de Cultura. Podes recoller o teu despregable no edificio de Servizos Múltiples, así como noutras dependencias municipais ou descargar o arquivo adxunto nesta nova.

Vista previaAdxuntoTamaño
o_teu_nadal_en_culleredo_1.pdf2.02 MB
o_teu_nadal_en_culleredo_2.pdf1.68 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina