Proceso selectivo dun/ dunha técnico/a turismo (persoal laboral temporal)

Convocatoria selección técnico/a turismo (persoal laboral temporal)

Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, de Técnico/a turismo.

A presente convocatoria rexerase pola bases aprobadas pola Xunta de Goberno local en sesión do 13 de maio de 2019 e que se publican nesta páxina web como documento anexo.

O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Prazo presentación solicitudes. No BOP do 29 de maio de 2019 (núm. 100), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 30 de maio ata o 05 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (12, 15 e 16 de xullo de 2019) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión. (Documento adxunto: Lista provisional de admitidos e excluídos.pdf)

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as. (Documento adxunto: Lista definitiva de admitidos e excluídos.pdf)

Convocatoria fase de oposición. Convócase aos aspirantes á realización da fase de oposición do proceso selectivo (defensa da memoria presentada xunto coa solicitude)

Documento adxunto: Anuncio Convocatoria fase oposición técnico_a turismo.pdf

Cualificación do proceso selectivo. De acordo co establecido no punto 6 das bases desta convocatoria, publícase o resultado do concurso-oposición. Recóllese no documento “Cualificación proceso selectivo.pdf”

O candidato seleccionado, para poder ser contratado, terá que presentar no Concello de Culleredo, dentro dos tres días hábiles a partir desta publicación (16, 19 e 20 de agosto de 2019) a documentación requirida na base 7 da convocatoria.

 

Vista previaAdxuntoTamaño
convocatoria_e_bases_da_convocatoria.pdf253.11 KB
solicitude.pdf376.2 KB
lista_provisional_de_admitidos_e_excluidos.pdf257.21 KB
lista_definitiva_de_admitidos_e_excluidos.pdf280.34 KB
anuncio_convocatoria_fase_oposicion_tecnico_a_turismo.pdf425.08 KB
cualificacion_proceso_selectivo.pdf534.03 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina