Torneo de Fútbol Concello de Culleredo 2019

O Olímpico de  Rutis engrosou as súas vitrinas tras a disputa do Torneo de Fútbol  Concello de Culleredo durante o pasado mes de agosto. O conxunto cullerdense fíxose coa vitoria no  XXII Trofeo de Fútbol de Veteranos, tras derrotar por 2-0 ao Sporting Burgo na final, así como no  XLII Trofeo de Fútbol  Afeccionado, despois dun  apretadísimo encontro fronte á  UDJ Almeiras, con resultado final de 4-3.

Todas as finais disputáronse o sábado 31 de agosto, desde as 11:00 da mañá, na que os protagonistas foron os nenos do fútbol basee, e posteriormente veteranos e afeccionados. No VI Torneo de Fútbol Basee, o conxunto do Portazgo  S.D. proclamouse campión tras vencer por un axustado 1-0 aos nenos do Olímpico de  Rutis, impedindo así a tripla coroa destes.

Nesta edición, participaron os equipos do Portazgo  S.D., Sporting Burgo, Olímpico de  Rutis,  UDJ Almeiras,  Fontemaior, e  AD Culleredo.

Parabenizar un ano máis a todos os xogadores, que disputaron con honra e deportividade todos e cada un dos encontros, así como a todas as persoas que fan posible que este torneo leve a cabo ano tras ano: Protección Civil, corpo técnico dos equipos, familias, colexiados e demais membros da organización.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina