Foliada solidaria o sábado no parque da Torre

O parque da Torre de Celas acollerá este sábado, 28 de setembro a IV edición da  Foliada da Torre.

Trátase dun evento solidario que organización a Asociación O Cruceiro, coa colaboración do  Concello de Culleredo. Nesta ocasión, o fin social será contribuír a que as familias en situación de escasos recursos conten con todo o material escolar que é necesario co inicio do curso.

Os asistentes poderán achegar material incluído na lista que distribúe a asociación ou tamén se pode axudar coa achega económica da cea. Todo o recadado será distribuído polo equipo de Servizos Sociais do  Concello.

A Foliada comezará con actos a partir das 18.00 horas. A esa hora iniciaranse os xogos infantís. De noite terá lugar a cea solidaria, cunha achega de 5 euros. Poderase elixir entre fideuá ou porco asado.
Ás 22.00 horas comezarán as actuacións musicais. Os Carecos e Faíscas de Pontraga son as agrupacións que figuran no cartel.

A partir de aí terá lugar a  foliada aberta a todo o que se anime.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina