Albedros serán plantados na senda peonil e ciclista entre Alvedro e O Burgo en recordo ao patrimonio natural de Culleredo

Albedros serán plantados na senda peonil e ciclista entre Alvedro e O Burgo en recordo ao patrimonio natural de Culleredo.

A idea desta actuación é crear unha senda peonil desde costa da Lonxa pola marxe dereita da Nacional 550 ata a rotonda de Alvedro, xunto ao outlet. E desde aquí continuará polo polígono como senda fluvial xunto ao río Valiñas ata unirse co río Mero, onde xa enlazará co paseo fluvial e a ría do Burgo.

Este itinerario completo terá unha lonxitude de 4,8 quilómetros. No seu maior parte, contará cunha anchura de 2 metros para peóns e de 2,50 metros para dobre circulación ciclista. Contará con sistemas de canalización de augas e medidas de protección e seguridade dos usuarios.

Pero a senda destacará ademais pola dotación arbórea coa que contará, incrementando notablemente a estética de todo a contorna. En homenaxe a esa historia e patrimonio natural, a senda albergará uns 150 exemplares de  albedro. Tamén contará con mobiliario urbano.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina