XXV Curso de Micoloxía do Concello de Culleredo

En marcha o XXV Curso de Micoloxía do Concello de Culleredo, dirixido a persoas maiores de 18 anos e que se celebrará os días 6, 7, 8 e 9 de novembro. 

A preinscrición poderá realizarse do 7 ao 11 de outubro, mediante o rexistro municipal. As clases teóricas terán lugar no Centro Municipal Pablo Picasso, os días 6, 7 e 8 de novembro, de 20:00 a 21:30 horas. 

O sábado 9 de novembro, de 9:30 a 14:30 horas, desenvolverase unha saída de recollida de setas en Torrelavandeira, en Curtis. A disposición están 50 prazas, que se gardarán por estrita orde de preinscrición. O prezo público da actividade son 10 euros para os empadroados/as de Culleredo, e 12 euros para os/as non empadroados/as. 

Para máis información, podedes chamar ao teléfono 981 664 204, ou preguntar no Centro Municipal "Pablo Picasso". Nesta nova están adxuntos os documentos para realizar a preinscrición. 

Vista previaAdxuntoTamaño
preinscricion_micoloxia_2019-_anverso.odt113.93 KB
preinscricion_micoloxia_2019-_reverso.odt67.51 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina