A avenida Ribados gozará dunha renovación integral

A avenida de  Ribados, unha das principais vías do corazón do Burgo, experimentará unha notable transformación. O  proxecto acabase de sacar a contratación, que será unha das principais do ano cun orzamento de 392.923,71 euros, cofinanciados pola Deputación da Coruña.

O proxecto consiste na humanización da avenida, no tramo que comprende entre a Costa da  Lonxa e a rúa Visitación de la Encina. O plan buscará modernizar a vía, pensando nos peóns, con medidas que mellorará a súa accesibilidade, a súa funcionalidade e a súa estética.

A actuación contempla a renovación das beirarrúas, para garantir a mobilidade, e das zonas de aparcamento, que serán de formigón impreso. Variarase o eixo da estrada para poder ampliar as beirarrúas e que cumpran cos criterios de accesibilidade.

O  Concello dotará á avenida de novas plantacións de árbores e mobiliario urbano, para prestar servizos adecuados aos veciños da zona. Así mesmo, incluirase a canalización para o futuro soterramento da liña eléctrica, que actualmente discorre por vía aérea. A iluminación será tipo LED, con columnas de 8 metros de altura.

O firme da calzada será renovado por completo, dado que hoxe presenta diversas deficiecias. Tamén se mellorará a rede de recollida de pluviais, con novos colectores e pozos de rexistro, a de abastecemento, con novas tubaxes, e a de saneamento. A nivel de seguridade viaria, un dos pasos de peóns elevarase para obrigar á redución da marcha dos vehículos.

Efectuarase a sinalización horizontal de prazas para persoas con mobilidade reducida e para carga e descarga. A licitación está aberta ata o 28 de outubro. O prazo de execución das obras, unha vez formalizado o contrato, estímase en tres meses.

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina