Nova actividade do programa EducaCulleredo

O auditorio do edificio de Servizos Múltiples do Burgo foi testemuña esta mañá dunha nova actividade do programa  EducaCulleredo, impulsado polo Concello de Culleredo e a través do cal pretende complementar o ensino con actividades dinámicas e lúdicas, que permitan ás alumnas e alumnos aprender de maneira divertida.

O alumnado do IES Branco Amor puido coñecer a Carlos Lorenzo, autor do documental “Vértice de versos”, que foi mención especial no Festival de Cinema de Lugo; a Emma Pedreira, poeta e protagonista da metraxe do carralés; e a Xoán Curiel, compositor e cantautor.

O alumnado puido charlar e escoitar a experiencia dos tres, que lles explicaron como desenvolven os seus traballos e lles deron pequenos consellos para chegar a ser o que eles quixesen o día de mañá. Falaron da situación actual da poesía e do proceso creativo.

Lorenzo explicou o traballo de produción docoumental. Pedreira ofreceu un pequeno recital poético. E Curiel interpetou temas e relatou como musicar poemas.

Participan alumnos de 3º e 4º de ESO do IES Branco Amor. Estiveron acompañados por Jessica Méndez, concelleira de Educación do  Concello de Culleredo. Apuntou que con  EducaCulleredo preténdese abarcar o máximo de ámbitos para ofrecer actividades didácticas diferentes e entretidas aos rapaces.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina