Culleredo da a coñecer o patrimonio pictórico de Lugrís aos escolares do municipio

Culleredo deu a coñecer aos escolares do municipio o patrimonio pictórico de Urbano Lugrís, do que hai varias obras na igrexa de Vilaboa. En total, 55 nenas e nenos de 4º de primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo puideron contemplar os cadros do pintor, e aprender os principais motivos da súa obra.

Os pequenos non pararon de tomar notas en todo momento, e os máis atrevidos mesmo tentaban copiar os trazos de Lugrís. En todo momento estiveron acompañados polo historiador de Culleredo, Carlos Pereira, quen mellor que ninguén lles achegou a historia destes cadros ao vencellamento que estes teñen co municipio.

Dentro desta actividade do programa EducaCulleredo,impulsado polo Concello, trátase de dinamizar e poñer en valor a riqueza cultural e artística da contorna. Neste caso, a través das obras dun dos pintores máis importantes para Galicia.


 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina