Culleredo despide o obradoiro de iniciación dunha nova edición de Cullerchef

Culleredo despediu onte o  obradoiro de iniciación dunha nova edición do  Cullerchef, que se consolidou como unha das actividades municipais con máis éxito. Mañá, xoves 20 de febreiro, terá lugar clausúraa do grupo de perfeccionamento, tamén nun Edificio de Servizos Múltiples que onte estaba ata a bandeira.

E é que ata alí desprazáronse o alcalde, José Ramón Rioboo Castro, e a concelleira de Cultura,  Penélope López, quenes comprobaron de primeira man a masiva convocatoria destes talleres. Ambos lles fixeron entrega dos receitarios que acreditan aos máis pequenos como auténticos ‘chefs’ cullerdenses.

Olga Rodríguez, educadora nutricional, e Juan Mato, chef do restaurante Artabria, foron os mestres dos 24 participantes, nenas e nenos de Culleredo que onte deleitaron aos presentes cun menú digno dos mellores emprazamentos de restauración.

“O campo dos ovos perdidos” como entrante, “tacos marinados” como primeiro prato, “polo na piscina” de segundo e unha sobremesa para pechar o Cullerchef con título“ mousse de nata e  froitas”, unha marabilla para todos os sentidos.

Cabe destacar que a base desta actividade é que os nenos aprendesen a manexarse na cociña, facendo fincapé nos beneficios dunha cociña saudable e en que tipo de alimentos son mellores tanto para eles como para os maiores.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina